Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños do barrio coruñés das Flores patrullan as rúas para disuadir vándalos

Veciños do barrio coruñés das Flores patrullan as rúas para disuadir vándalos

Denuncian numerosos roubos e estragos nos coches estacionados na rúa Petunias

Organizan roldas nocturnas e vixían desde as fiestras para identificar os autores

 

G24.gal 21/06/2023 14:15

No barrio coruñés das Flores están fartos dunha escena que se repite. Individuos que se achegan aos coches pola noite para entrar roubar ou estragar os retrovisores. No que levamos de mes, contabilizan 40 coches con estragos.

"Todas as noites diferentes parellas de mozos andan roubando nos coches"; "Entran e remexen e, se atopan algo que lles gusta, lévano. Se non, desfan o que poden"; "Non podemos estar tranquilos, eu agora saio á rúa con medo", explican as veciñas.

Cansos de chamar a policía e que o problema siga, decidiron montar a súa propia patrulla de vixilancia. Actúan de noite e con moita discreción. Desde as fiestras, os axentes de balcón apuntan cos teléfonos para intentar identificar os vándalos, mentres que na rúa outros veciños fan roldas en grupo.

"Decidiron facer batidas nocturnas para ver se os vían e escarmentalos, que levaran o susto e non viñeran máis"; "Eu voume apuntar nas patrullas veciñais, xa asustaron a varios"; "Se a policía non nos resolve o problema teremos que ser os veciños", comentan as veciñas.

A idea é disuadir os atacantes e previr os roubos, sen enfrontamentos directos. Unha estratexia que xa está a dar os seus primeiros froitos.

"Si, logramos que unha parella non volvera máis. Viñeron outros, pero eses non", di unha das veciñas da Asociación de Defensa do Barrio das Flores.

Agardan que a tranquilidade regrese pronto á rúa das Petunias e que non queden impunes os ataques que lles quitan o sono desde hai meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade