Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vandalizan cunha pintada a igrexa de Castrelos en Vigo, de 800 anos de antigüidade

Vandalizan cunha pintada a igrexa de Castrelos en Vigo, de 800 anos de antigüidade

O atentado contra o patrimonio produciuse na parte exterior da sancristía, ao carón da ábsida

Pintada na Igrexa de Santa María de Castrelos en Vigo Pintada na Igrexa de Santa María de Castrelos en Vigo
G24.gal 31/08/2024 11:51

Un ou varios descoñecidos vandalizaron o templo románico de Santa María de Castrelos cunha pintada realizada cun aerosol. O autor do graffiti pintou, con grandes letras, o nome de Damián no muro exterior da sancristía, un elemento situado ao lado da ábsida.

A igrexa pertenceu á Encomenda de Beade (Ourense) da orde militar de San Xoán de Malta. A cruz pódese ver en distintas partes do templo.

O autor do acto vandálico, en caso de que o identifiquen, exponse a unha pena de seis meses a tres anos ou unha multa de 12 a 24 meses, como establece a lei do patrimonio cultural para os que causen danos en bens de valor históricos, artístico, científico, cultural ou monumental, ou en xacementos arqueolóxicos, terrestres ou subactuáticos.

Os traballos de restauración e a eliminación da pintura teraos que asumir o bispado, xa que se trata dunha propiedade da Igrexa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade