Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veleiros da Tall Ships Races parten da Coruña cara a Lisboa

Os veleiros da Tall Ships Races parten da Coruña cara a Lisboa

A Coruña é a cidade que acolleu máis veces esta competición

G24.gal 27/08/2023 14:45 Última actualización 27/08/2023 14:56

Nos últimos momentos antes de partir, as tripulacións e os veleiros da Tall Ships Races, preparábanse para seguir rumbo. Recalaron case catro días na Coruña.

"Vimos de portos onde non falamos o mesmo idioma e chegar a un porto co idioma que falas é bonito. Pasámolo moi ben", explica un cadete do buque escola mexicano Cuauhtémoc.

A Dorota, cadete do buque máis grande da regata, gustoulle moito a cidade e en especial a torre de Hércules. A súa compañeira Serafyma destaca o clima.

A Tall Ships Races é unha competición de categoría mundial, con navegantes moi novos, ao seren boa parte das embarcacións buques escola.

"As tripulacións son fenomenais. Hai moito compañeirismo. Axúdanse todos. Máis que unha competición é unha festa", afirma Eduardo, instrutor na goleta Atyla.

Ás doce da mañá, os veleiros soltaban amarras, e saían da baía coruñesa, acompañados doutras embarcacións menores e ante a mirada dos cidadáns que se achegaron a darlles o adeus.

A Coruña é a cidade que acolleu máis veces esta competición, que ten a súa próxima parada en Lisboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade