Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os verdes ornamentais galegos conquistan catro continentes

Os verdes ornamentais galegos conquistan catro continentes

 A decoración de eventos é un importante mercado para os verdes nos últimos anos 

Parte da plantación da empresa O Goriña Verde instalada hai 40 anos no rural de Santiago
G24.gal 11/04/2023 20:48 Última actualización 11/04/2023 20:57

Esta produción do rural de Santiago é unha das dúas de Galicia dedicada en exclusiva ao cultivo de verdes ornamentais, esas humildes poliñas omnipresentes nos ramos e arranxos florais, imprescindibles pero ás que case non se lles dá valor. O Goriña Verde, empresa familiar, cultiva máis de cen variedades de especies desde hai corenta anos, os últimos oito a cargo de Uxía Banet.

"Había un baleiro no mercado, todo o mundo se dedicaba á venda de flor, o fácil, o que máis diñeiro dá. E quen vende verde?".

Exportan verdes galegos por todo o mundo. Por exemplo, os chineses seica se volven tolos polas camelias cultivadas en Galicia. Pero logo os seus ramallos tamén chegan a Holanda, a Rusia e aos Estados Unidos. O Goriña Verde, con todo, vende máis fóra que dentro de Galicia.

Venden as pólas dun ano, polo que as podas son periódicas. O que máis venden é tuia, lepto, camelia, feixoa. As mellores épocas de venda son Santos e Nadal, pero hai tres ou catro anos abriuse un novo mercado cada vez maior e vixente todo o ano: a decoración de eventos, como nos conta Uxía.

"As carpas non son bonitas, entón hai que tapalas. Se tés que poñer todo con flores, dispáranse os presupostos".

O ciclo vexetativo de cada especie mantenos atafegados todo o ano para lograr distintas formas, texturas e cores das que se desfrutará en todo o mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade