Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os viaxeiros quéixanse dos atrasos nos trens do eixo atlántico

Os viaxeiros quéixanse dos atrasos nos trens do eixo atlántico

Os viaxeiros e viaxeiras quéixanse de atrasos nos momentos de maior afluencia de xente, sobre todo os luns a primeira hora

As demoras chegan a superar os dez minutos de atraso, o que para moitos usuarios e usuarias é un auténtico problema, sobre todo, os que collen o tren para ir traballar

Dende o sindicato do sector ferroviario, CGT, achacan estas demoras a pequenas avarías que interfiren no bo funcionamento do servizo, que duplicou a súa demanda dende que entrou en vigor o bono gratuíto

G24.gal 18/06/2023 17:19 Última actualización 18/06/2023 17:46

As queixas polas demoras, sobre todo en horas punta, dalgúns trens do eixo atlántico xa chegaron ao Defensor do Pobo, que pedirá a Renfe un informe sobre o porqué destes atrasos.

Algúns usuarios falan de casos puntuais motivados por avarías nos trens. A última foi este venres. O coche que saía pasadas as tres da tarde dende Vigo quedou paralizado en Padrón por un problema mecánico. Os seus 180 pasaxeiros tiveron que ser trasladados en autobús a Santiago.

A demanda no uso dos trens multiplicouse por dous dende que entrou en vigor o bono gratuíto. Dende o sindicato do sector ferroviario, CGT, constatan este aumento. Agora tardan máis tempo en coller e deixar os viaxeiros nas estacións.

De feito, dende este sindicato aseguran que o parque móbil está a pleno rendemento para poder asumir esa demanda, o que supón un mantemento dos coches moito maior para que isto non repercuta no seu funcionamento. Actualmente son 40 os trens que circulan diariamente entre Vigo e A Coruña. Cren que instalar un servizo de proximidade para o eixo atlántico e máis frecuencias  axudaría a solucionar parte deste problema. Renfe, pola súa banda, xa estuda como evitar estas demoras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade