Cargando resultados...
Os xabarís campan ás súas anchas por Panxón, en Nigrán
Agora mesmo saen de tarde
G24.gal
20/02/2025 13:58
Quen máis e que menos xa viu as mandas de xabarís por Panxón tanto de día como de noite. Fan case os mesmos paseos que os turistas do areal, ao paseo, e de Monteferro ao Náutico.
Móvense por toda a vila. Tamén soben á estrada da vía e ata a autoestrada. Baleiran colectores e algún ata morreu afogado.
Os poucos que non puideron velos seguro que os recibiron por WhatsApp. A incógnita é saber de onde veñen: se de Montelourido, Monteferro ou máis alá.