Os xoguetes máis demandados comezan a esgotarse, pero sempre hai alternativas
Os xoguetes máis demandados comezan a esgotarse, pero sempre hai alternativas
A boneca de Aitana ou os fornos máxicos que cociñan peluches, case esgotados
Os xogos de mesa triunfan como xoguetes que promoven a creatividade e a cooperación
Os voluntarios de Papá Noel e os paxes dos Reis non dan feito estes días na procura dos agasallos que máis aparecen nas cartas dos pequenos. Algúns xoguetes xa son moi complicados de atopar, pero sempre hai alternativas que poden converterse nas mellores sorpresas.
Os axudantes de Papá Noel e dos Reis xa comezan a ter serios problemas para atopar algúns dos xoguetes máis demandados este ano. Un dos máis cobizados é a boneca da cantante Aitana ou fornos máxicos que cociñan peluches.
Mascotas virtuais para coidar, xogos relacionados cos personaxes dos seus debuxos animados e películas favoritas e algúns clásicos con historia que nunca fallan.
Pero tamén hai xogueterías que foxen das modas e ofrecen xoguetes alternativos que promoven a creatividade e a cooperación para xogar en familia ou con amigos.
Xa sexan clásicos, renovados ou modernos, os xoguetes volverán traer sorrisos e diversión aos máis pequenos, que agardan con ilusión as noites más importantes do ano.