Os xulgados, colapsados polas demandas de xubilados que reclaman o plus de maternidade
Os xulgados, colapsados polas demandas de xubilados que reclaman o plus de maternidade
Tras o recoñecemento por parte do Supremo, os afectados confían en que se axilice a tramitación
En Galicia, centos de xubilados varóns pasan unha auténtica odisea xudicial para poder cobrar o complemento de maternidade que supón unha suba das súas pensións. As sentenzas son favorables aos pensionistas, pero a Seguridade Social recorre xerando procesos xudiciais que se eternizan e colapsan os xulgados.
Félix xubilouse entre 2016 e 2021 e ten máis de dous fillos, por iso solicitou o complemento de maternidade que lle recoñeceu aos varóns o Tribunal de Xustiza europeo. A Seguridade Social denegoullo e comezou a batalla xudicial.
As discrepancias da Seguridade Social no cálculo dos meses que ten que pagarlle ao xubilado eterniza os procesos. Porén, en febreiro o Tribunal Supremo recoñeceu que debe ser dende o momento da xubilación.
Ante o recoñecemento da retroactividade total no Supremo, os afectos confían na axilización dun proceso que mantén os xulgados colapsados.