Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense abafa a 38 graos nunha xornada de verán para rematar o mes de maio

Ourense abafa a 38 graos nunha xornada de verán para rematar o mes de maio

A temperatura máxima de Galicia rexistrábase ás cinco da tarde na cidade de Ourense: 37,9 graos

O aviso amarelo na conca do Miño deixou 37 graos en Leiro, 36,5 na Arnoia e 36 en Castrelo de Miño

Agárdase que as máximas baixen un chisco este domingo e que poida haber treboadas

O río Miño serviu de refuxio para combater a calor abafante
G24.gal 28/05/2022 20:58 Última actualización 28/05/2022 21:08

Estaba activado a tarde do sábado un aviso amarelo pola calor en Ourense, na conca do Miño. E os termómetros deron boa conta desas temperaturas extremas.

Os termómetros ao sol volvéronse disparar, especialmente na provincia de Ourense. Ás cinco da tarde na cidade acadábase a temperatura máxima de Galicia, 37,9 graos.

Moita calor nesta última fin de semana de maio cun tempo que semella xa de pleno verán.

A auga do Miño sempre axuda, ou tomar algo fresco nunha terraza.  As máis solicitadas  nesta xornada foron as que están á sombra.

Pois semella que pode aliviar, baixan un chisco as temperaturas e tamén pode haber treboadas. O aviso amarelo na conca do Miño deixou temperaturas de case 38 graos en Ourense, 37 en Leiro, 36 e medio na Arnoia e 36 en Castelo de Miño.

A cidade de Ourense rozou os 38 graos, a temperatura máis alta de Galicia.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade