Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense corta a circulación aos coches para darlle protagonismo á bicicleta

Ourense corta a circulación aos coches para darlle protagonismo á bicicleta

Milleiros de persoas sumáronse ao día da bici en Ourense

Tenta promover o exercicio físico e reducir a contaminación

G24.gal 18/09/2022 18:06 Última actualización 18/09/2022 18:49

O sector da bicicleta vive un auténtico crecemento batendo marcas de vendas. Moita xente aposta por deixar o coche e moverse a pedais. Non contamina, evita atascos e é bo para a saúde.

En España xa un 40 % da xente utiliza este medio de transporte para ir ao traballo. Pero a convivencia cos coches segue a ser complicada.

Este domingo Ourense pechou o tráfico aos vehículos de motor para celebrar o día da bicicleta. Participaron milleiros de persoas, moitas en familia.

O obxectivo é promover o exercicio físico e reducir a contaminación. En definitiva, facer reflexionar sobre a necesidade de modificar as nosas rutinas.

As Administracións traballan en diferentes propostas nesta Semana Europea da Mobilidade. Fomentar o transporte público, camiñar ou pedalear deben ser alternativas para desprazarnos pola cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade