Demandan unha vía de alta capacidade que comunique Pontevedra e Ourense
Demandan unha vía de alta capacidade que comunique Pontevedra e Ourense
A N-541 é unha das estradas máis perigosas de España
Foi onde se accidentou o autobús a pasada Noiteboa, que sumou seis falecidos máis
Os usuarios da N-541 que une Ourense e Pontevedra levan demandando melloras anos. Aseguran que o firme non é axeitado, nin a sinalización nin o trazado.
Din ademais que é das máis inseguras, de feito está incluída na listaxe con moitos puntos negros dentro da rede viaria española.
Nesta estrada foi onde caeu o autobús en que morreron, a Noiteboa pasada, de seis persoas. Un feito que mobilizou os alcaldes afectados, a maioría polos que pasa o trazado e de distintas cores políticas uníronse no pacto de Pedre para pedirlle ao Goberno central melloras urxentes nesta estrada.
Agora seguen as reunións e as peticións. Na última acordaron pedirlle ao goberno central, ademais de melloras, a construción dunha vía de alta capacidade que una Ourense e Pontevedra. Luís Menor, presidente da Deputación de Ourense así o solicitou uníndose ao concello de Pontevedra e demais alcaldes que forman o pacto de Pedre. Din que mellorará a seguridade na estrada e a comunicación nunha das estradas estratéxicas da comunidade galega.