Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourizos da Costa da Morte para este Nadal

Ourizos da Costa da Morte para este Nadal

A campaña de recolleita comezou o mércores con moi bo tempo 

Os mariñeiros falan de boas capturas e bos prezos 

G24.gal 17/12/2021 17:15

Unhas 15 embarcacións da Costa da Morte andan a apañar ourizos estes días de inicio de campaña. O tramo que está aberto vai desde Cabo Touriñán, en Muxía, ata a Punta Lagosteira, en Arteixo para conseguir un producto do mar que no Nadal se revaloriza.

"Hai días de pesca que nos sobran do inverno e facémolos agora para esto" aclara o patrón Antonio Bouzas. 

"En abril vai a 6 euros e medio, agora a 12 e mesmo hai tres anos vendémolo a 20, Compensa facelo en decembro" engade o mergullador Manuel Pasantes.

Cada embarcación ten unha cota diaria de 50 quilos de ourizo por tripulante e mergullador. Poden chegar ata as 5 toneladas e media na campaña.

Tamén os mercados internacionais como os de Francia e Italia, agardan polos ourizos galegos, en fresco ou en conserva.

O valor culinario do ourizo é tal que xa se coñece como o caviar galego.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar