Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Crespo chega en forma a París

Pablo Crespo chega en forma a París

Grande actuación do piragüista galego no Mundial de Esprinte Olímpico sub-23

Crespo sumou un ouro na categoría C2 1000 e unha prata en C1 1000

Fonte: RFEP Fonte: RFEP
G24.gal 22/07/2024 09:34

O piragüimo español frega as mans logo de presenciar a posta en escena de Pablo Crespo Penas. Crespo chegaba a Plovdiv para disputar o Mundial de Esprinte Olímpico sub-23 como parte da súa preparación para os Xogos Olímpicos.

Nesta fin de semana, o padexeiro pontevedrés conseguía facerse con dous metais en augas búlgaras. Na xornada do sábado só puido con el Danila Verschaka. O ruso entrou na meta un segundo antes e Crespo tívose que conformar coa prata na categoría C1 1000.

Xa para o domingo conseguiu a vitoria en C2 1000 coa axuda de Manuel Fontán. A dupla de piragüistas galegos impúxose ao resto de rivais firmando un tempo de 3:40:583 e obtendo o ouro nesta categoría.

Pablo Crespo Penas é fillo de Ana María Penas (tres participacións olímpicas) e José Manuel Crespo (dúas aparicións tamén nos xogos), dous padexeiros con experiencia nas olimpíadas. Estes serán os primeiros Xogos para el, na modalidade de C1 1000. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade