Paco Liaño: "Cos suplentes o Dépor podía facer un once para pelexar pola primeira praza”
Paco Liaño: "Cos suplentes o Dépor podía facer un once para pelexar pola primeira praza”
Ve un Deportivo claro favorito ao ascenso
Critica a un Racing de Santander que xoga a especular
Paco Liaño pasou por Zona mixta para falar clariño, coma sempre, e valorou os seus dous equipos favoritos: Rácing de Santander e Deportivo, que se enfrontan este mércores en Riazor nun partido aprazado con polémica no seu momento.
Un Racing cun xogo 'feo'
"Creo que o Dépor-Racing vai ser defensivo por parte dos visitantes e a mellor imaxe do Dépor en Riazor polos locais. Imaxino que mañá o Rácing vai poñer o autobús"
"Aquí en Santander dinme que son antiracinguista. Cando dis que o seu xogo é moi feo de ver. Xogan a que non pase nada, e que se aproveite unha contra ou unha xogada de estratexia. Romo propón así os partidos do Racing"
"Romo tivo baixas de covid en partidos anteriores e como desta volta eran titulares pois xogou a súas cartas e a Federación concedeulle iso. A Cultural devolveulle a súa propia medicina á semana seguinte"
Pablo Torre, a vixiar, en caso de que saia en Riazor
"Igual mañá non sae Pablo Torre, porque non é un tipo de xogador que lle guste a Romo, que tamén lle bota en cara que defensivamente non renda. De non poñelo poñerían o adestrador na rúa, senón nin xogaba a pesar da súa calidade"
"Eu creo que o gran favorito mañá é o Deportivo. As diferenzas entre ambos son moi grandes. Ollo a Pablo Torre que lle queda pouco no Rácing porque vai voar alto. Cada balón que toca o mellora. No Depor hai un equipo na súa totalidade desde atrás ata adiante"
Sen rabia para non perder o foco
"Alégrome que a rabia que había logo do aprazamento se desinfle un pouco. Quero que vaia moita xente a Riazor, pero a animar ao Dépor e non asubiar ao Rácing. Se mañá gana o Deportivo curta de golpe as dúbidas, un empate ou unha derrota faría que continuasen"
"Só cos suplentes que saen cada semana no Dépor poderían estar aspirando ao ascenso, iso dá idea do gran cadro de xogadores que ten este ano"