Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pais e nais no Carballiño participan nun obradoiro sobre os sistemas de retención infantil

Pais e nais no Carballiño participan nun obradoiro sobre os sistemas de retención infantil

Os expertos aconsellan non empregar cadeiras de segunda man, e amais deben ir ben ancoradas no vehículo

As cadeiras deben elixirse agora por talle e peso
G24.gal 28/04/2023 11:26

Unha das dúbidas máis frecuentes dos condutores que á vez son pais é que tipo de cadeira deben usar no coche para os seus fillos. Para resolver todas esas consultas, desde o centro de saúde do Carballiño organizan decotío, en colaboración coa DXT, obradoiros sobre os sistemas de retención infantil.

Os expertos inciden, sobre todo, en que o uso da cadeira axeitada é fundamental para evitar mortes ou lesións graves en caso de accidente.

Elixir a cadeira idónea que deben usar os nenos no coche suscita dúbidas, sobre todo aos pais e nais novatos.

Desde o centro de saúde do Carballiño adoitan organizar obradoiros coma este con responsables da DXT para resolver esas dúbidas. Porque usar un sistema de retención infantil axeitado reduce nun 75 % a probabilidade de morte e nun 90 % as lesións graves dos nenos en caso de accidente.

Cadeira ben ancorada

A normativa que rexe agora os sistemas de retención infantil denomínase I-Size e non vai en función da idade. É fundamental tamén que a cadeira vaia ben ancorada no coche.

Como norma xeral, os cativos deben viaxar nos asentos traseiros. O máis seguro é o do medio. Ata os quince meses deben ir en sentido contrario da marcha. Non é aconsellable usar cadeiras de segunda man, por se estivesen deformadas e porque teñen data de caducidade.

Subliñan tamén que o cinto é obrigatorio para as mulleres embarazadas. Non levalo ou non levar os nenos co sistema axeitado de retención pode ser sancionado con multa de 200 euros e 4 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade