Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o mozo acusado de matar o pai en Esteiro

Prisión sen fianza para o mozo acusado de matar o pai en Esteiro

O xuíz acúsao de homicidio

O investigado acolleuse ao seu dereito a non declarar

Os investigadores seguen buscando a arma homicida

G24.gal 24/04/2023 17:32 Última actualización 24/04/2023 21:48

O titular do Xulgado de Instrución número 1 de Muros decretou este luns prisión sen fianza  para o mozo de 19 anos acusado de matar o seu pai en Esteiro o pasado venres.

O mozo está acusado dun delito de homicido.

Durante a súa comparecencia ante o xuíz, o investigado acolleuse ao seu dereito a non declarar.

Mentres, prosegue a investigación para aclarar as cincunstancias do crime.

Antes de pasar a disposición xudicial, nas súas primeiras declaracións ante os axentes,  o mozo negou a autoría dos feitos e mantivo a versión de que foron uns descoñecidos os que entraron no domicilio de seu pai e o mataron.

A hipótese barallada polos investigadores é que o mozo, de 19 anos e con problemas de drogadicción, matou o pai atacándoo polas costas e asestándolle golpes mortais cun machete na cabeza. Está por determinar tamén o móbil do crime.

Para esclarecer o crime é fundamental o resultado da autopsia e localizar a arma homicida, supostamente un machete que aínda non apareceu.

O que si transcenderon foron varios vídeos publicados polo presunto parricida en redes sociais en que alardea do consumo de drogas e profire ameazas contra alguén portando armas.

A vítima, de 59 anos, era moi coñecido na vila pola súa dilatada traxectoria no sector da hostalería. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade