Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paula Prado: "Galicia votou serenidade, tranquilidade e estabilidade"

G24.gal 19/02/2024 10:55

A secretaria xeral do PPdG amosouse esta mañá "satisfeita" e "agradecida a toda Galicia pola confianza" depositada no seu partido. Nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega, Paula Prado dixo que os resultados conseguidos son "extraordinarios" e "excelentes". Destacou que o PP logrou 40 deputados, dous máis da maioría absoluta, co que "non se pode dicir que temos unha maioría raspada". Cre que Galicia "soubo ler o proxecto do PP". 

Paula Prado destaca que Galicia votou onte "serenidade, tranquilidade e estabilidade" e non "independentismo nin multipartitos". Cre que a vitoria do PP, con Alfonso Rueda á cabeza, envía a España a mensaxe de que "non queremos chantaxes, non queremos muros, nin levantar barreiras, nin galegos bos e malos nin o barullo que hai fóra de Galicia". 

A secretaria xeral do PPdeG promete que o seu partido gobernará "para todos os galegos, con diálogo e sempre tentando chegar a acordos" cos grupos da oposición. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade