Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pechados pola toxina polígonos bateeiros de Pontevedra e Vigo

Pechados pola toxina polígonos bateeiros de Pontevedra e Vigo

Este fenómeno natural prodúcese todos os anos e contrólase pechando e abrindo as diferentes zonas de produción

G24.gal 16/04/2024 16:08 Última actualización 16/04/2024 16:19

Seis polígonos bateeiros das rías de Pontevedra e Vigo están pechados polo aumento das toxinas.

Volvemos vivir o común episodio tóxico primaveral de incremento de biotoxinas de tipo paralizante e das lipofílicas, como a diarreica.

Por seguridade, Control Mariño decretou o peche cautelar das zonas de produción de Bueu A1 e A2, e en Portonovo as zonas A, B e C.

As rías de Pontevedra volven ser as máis castigadas por estas toxinas. A intoxicación diarreica por molusco afecta principalmente á produción do mexillón.

Este fenómeno natural prodúcese todos os anos e contrólase pechando e abrindo as diferentes zonas de produción a medida que as células avanzan ou retroceden.

Polo tanto non hai posibilidade de que o molusco contaminado chegue aos mercados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade