Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Munitis é o adestrador elixido polo Lugo para devolvelo á categoría profesional

Pedro Munitis é o adestrador elixido polo Lugo para devolvelo á categoría profesional

Asina por dúas tempadas e a súa presentación terá lugar este próximo venres 23 de xuño, ás 12:30 h, no estadio Anxo Carro

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 21/06/2023 16:39 Última actualización 21/06/2023 16:45

O Lugo e Pedro Munitis chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo adestrador do primeiro equipo da entidade. Munitis, que atesoura como xogador unha importantísima traxectoria ao máis alto nivel nacional e internacional, desenvolveu o seu percorrido como adestrador en clubs como Racing de Santander, S. D. Ponferradina, UCAM Murcia, C. D. Badaxoz ou Sabadell.

Un técnico experimentado, metódico, e que fixo do traballo constante e de calidade e da identidade do seu perfil nos bancos. Xunto ao preparador cántabro, chegan Manuel Sánchez Ramírez, como segundo adestrador, e Josellin Juncker, como analista e asistente-adestrador

Munitis asina por dúas tempadas co C. D. Lugo, e a súa presentación terá lugar este próximo venres 23 de xuño, ás 12:30 h, no estadio Anxo Carro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade