Cargando resultados...
Peleteiro pensa no Mundial: "Estarei en Budapest. Cando colla as sensacións o salto será mellor"
Peleteiro pensa no Mundial: "Estarei en Budapest. Cando colla as sensacións o salto será mellor"
G24.gal
15/06/2023 15:07
Última actualización 15/06/2023 15:12
Este mércores produciuse o regreso de Ana Peleteiro ás pistas despois de 15 meses. A de Ribeira volveu á competición logo da súa baixa por maternidade e fíxoo cun excelente concurso en Castellón. A atleta demostrou que está en gran forma cun salto de 14,13 metros, logrando a mellor marca española do ano en triple salto e récord do evento.
Peleteiro xa pensa no próximo mundial:
"Vou estar en Budapest. Cando colla as sensacións o salto será mellor. Son ambiciosa".