Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pelexa entre dous mozos nos exteriores do centro comercial Cantóns Village da Coruña

Pelexa entre dous mozos nos exteriores do centro comercial Cantóns Village da Coruña

Un mozo agrediu en varias ocasións a outro no que parece ser un conflito iniciado por uns insultos xenófobos

Un dos mozos deulle un puñazo ao outro e guindouno no chan
G24.gal 24/04/2023 08:47

Os exteriores do centro comercial Cantóns Village da Coruña foron escenario dunha pelexa entre varios mozos na madrugada do domingo. Un deles dálle un puñazo a outro, que cae ao chan.

Descoñécese a causa da liorta, pero o agresor, co torso espido, berraba en todo momento "son musulmán". Os seus amigos tentan calmalo para evitar que continúe a pelexa. Pouco despois chega a Policía Nacional.

Nun vídeo que circula polas redes sociais vese como un mozo dálle unha puñada á vítima que bate contra un valado de obra e cae ao chan. 

Varios gardas de seguridade achéganse para intentar socorrer o mozo agredido e frear a agresión. Pero ninguén logra detelo. Nin os seus amigos. O agresor intenta de novo achegarse á vítima.

Pero xa chega a Policía Local. Minutos despois era detido pola Policía Nacional. Pero non pola pelexa que protagonizou, porque o agredido aínda non denunciou os feitos. Senón porque habia unha orde dos xulgados para arrestalo por varios delitos.

Unha nova pelexa na cidade herculina que se suma ás moitas que veñen denunciando os veciños do Orzán desde hai anos. Levan tempo reclamando cámaras de vixilancia que controlen o ocio nocturno e agora, por fin, ven que van instalar unha na rúa Sol, unha das máis conflitivas polas noites.

Din que a violencia e a criminalidade aumentan na cidade herculina día a día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade