Cargando resultados...
Pendentes da autopsia do home que apareceu degolado en Ordes
Pendentes da autopsia do home que apareceu degolado en Ordes
A Policía Xudicial mantén abertas todas as liñas de investigación
Traballaba nunha empresa de telecomunicacións que operaba na zona
G24.gal
26/02/2023 09:09
Última actualización 26/02/2023 15:04
A Policía Xudicial mantén abertas todas as liñas de investigación, pendentes do resultado da autopsia que se lle practicou ao corpo do home que apareceu degolado nun piso de Ordes este venres.
A vítima, traballador dunha empresa de telecomunicacións que alugara a vivenda para o seu persoal, tiña un corte no pescozo e un coitelo a carón. De nacionalidade estranxeira, tiña uns trinta anos.
A dona do apartamento topou o cadáver cando foi cambiar a pechadura porque non lle devolveran varios xogos de chaves.