Pendentes da calidade da auga da traída municipal en Foz
Pendentes da calidade da auga da traída municipal en Foz
As autoridades municipais confían en que os niveis xa permitan o consumo pronto
Hai seis días que se da esta situación, que coincide coa celebración das festas locais
Na semana grande das patronais de Foz a auga da traída segue sen ser recomendada para beber ou preparar a comida. Un problema que se arrastra desde o xoves pasado e que dispara o consumo de auga embotellada.
Foz é un dos concellos máis turísticos da Mariña e no verán case triplica a poboación. A recomendación de que non se consuma auga da billa é un prexuízo para todos, pero sobre todo para a hostalería.
Xa hai días que o Concello tomou medidas contra este problema, que confían en que se solucione pronto.
As autoridades insisten en que tomar auga da billa non supón un risco para a saúde porque o dano se produciría no caso dun consumo prolongado durante anos.