Publicador de contidos
Publicador de contidos

Penúltimo día da Peregrinación Europea da Xuventude

Penúltimo día da Peregrinación Europea da Xuventude

Reúne en Santiago 12.000 rapazas e rapaces católicos

G24.gal 06/08/2022 14:42 Última actualización 06/08/2022 14:56

É fácil identificalos polas tarxetas que levan colgadas e polas mochilas azuis. Os arredor de 12.000 rapazas e rapaces que participan na Peregrinación Europea da Mocidade están por todas as rúas de Santiago, en especial na zona vella. 

Todos se felicitan por formar parte deste encontro. Coñecer e convivir con outros mozos é para moitos o mellor da peregrinación.

A maioría dos participantes son españois pero hai arredor dun milleiro de estranxeiros. 

Dormen en trinta puntos de aloxamento e confesan que chegan derreados ao final do día, sempre cheo de actividades.

Os organizadores estiveron dous anos preparando o encontro e aseguran que se se senten recompensados co que ven, como explica o director do Departamento de Pastoral de Xuventude da Conferencia Episcopal.

 "Que temos unha xuventude viva, alegre, esperanzadora e que mostra de verdade unha cara que moitas veces custa vela"

A próxima cita para a xuventude católica está prevista dentro dun ano en Lisboa, a Xornada Mundial da Xuventude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos