Publicador de contidos
Publicador de contidos

Peque marcha do Burela deixando un regueiro de títulos

Peque marcha do Burela deixando un regueiro de títulos

Nas dez temporadas que estivo no club celebrou 5 Ligas, 6 Copas, 5 Supercopas, 1 Recopa e 1 Copa de Europa

G24.gal 25/06/2023 09:37

Despediuse Patricia González Mota, Peque, do fútbol sala galego. Chegou ao Burela en 2011 e conseguiu facer dun club que buscaba asentarse na elite do fútbol sala feminino español o mellor equipo da última década, con permiso do Futsi. 

Peque xogou no Burela en dúas etapas. A primeira, de 2011 a 2016. A segunda, de 2018 ata o 2023. Polo medio viviu unha experiencia no fútbol sala italiano (Sinnai e Cagliari). 

En total puido erguer máis de vinte títulos, si contamos as Copas de Galicia. Gañou cinco ligas (13, 16, 20, 21, 23), seis Copas (13, 19, 20, 21, 22, 23), cinco Supercopas (15, 19, 20, 21, 23), unha Recopa e un Campionato de Europa de Clubs. 

Poucas xogadoras poderán presumir dese palmarés e da trascendencia no xogo que tivo Peque, que a vindeira temporada volve á casa para militar no Alcorcón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade