Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pequenos e medianos transportistas ameazan con parar a partir de marzo

Pequenos e medianos transportistas ameazan con parar a partir de marzo

Denuncian as condicións laborais e os baixos salarios

G24.gal 29/01/2022 14:00

Membros da Plataforma pola Defensa do Sector do Transporte están percorrendo todas as comunidades para informar e mobilizar pequenos e medianos transportistas para poder organizarse e presionar a Administración para que mellore as súas condicións laborais.

En España hai 140.000 empresas do transporte, e 125.000 delas son pequenas e medianas, pero cren que o Goberno só negocia coas 15.000 restantes, que son empresas cargadoras e que non representan os intereses da maioría. Empezando pola situación económica que padecen.

As ducias de transportistas que se xuntaron este sábado en Lugo concordan coa plataforma.
Tamén se queixan do trato vexatorio que sofren nas terminais onde teñen que cargar os camións. Denuncian ter que botar horas agardando a que lles toque sen un sitio no que poder asearse ou tomar un bocadillo.

Quéixanse tamén do medo e inseguridade que pasan nas áreas de descanso, onde lles rouban o combustible e as mercadorías, e onde mesmo os atacan a eles.

Ademais, aseguran que o pequeno empresariado tampouco pode pagar os salarios correspondentes nin manterlles as condicións laborais axeitadas. As mobilizacións prevense para marzo ou abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade