Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fai en bicicleta máis de catro mil quilómetros por oito países europeos a prol do Pereiro de Aguiar

Fai en bicicleta máis de catro mil quilómetros por oito países europeos a prol do Pereiro de Aguiar

O seu único propósito e dar a coñecer fóra de Galicia o concello do Pereiro de Aguiar

G24.gal 26/06/2023 21:33

Alfonso Junco percorreu en bici máis de 4.000 quilómetros e pasou por oito países europeos diferentes: Turquía, Bulgaria, Serbia, Croacia, Eslovenia, Italia, Francia e o norte de España. O seu único propósito e dar a coñecer fóra de Galicia o concello do Pereiro de Aguiar. 

"Esta teima que eu teño co Pereiro de Aguiar malia que eu non son galego, son asturiano, é porque meus fillos viven aquí. Entón eu considero que se lle podo dar un pouco de visibilidade a este concello pois mellor será para o futuro dos meus fillos".

E foi deste xeito que comezou a súa aventura por Europa. Unha viaxe que arrancaría en Turquía para rematar no Pereiro. Oito países, mais de catro mil quilómetros de traxecto. Unha viaxe chea de ensinanzas.

"A isto me refería cando vos dicía que conservan todo o que se destruíu na guerra, como mostra, para non esquecer".

E sempre sen perder de vista o importante.

"Eu sempre dicía: estou facendo unha viaxe que vai dende Istambul ao Pereiro de Aguiar. é un sitio que está en Galicia, no norte de España, é un lugar moi interesante, tendes que ir, coñecelo, visitalo, que paga a pena. Igual alguén con isto que eu lle dixen ven ata aquí, que sería ademais o obxectivo; se é así, perfecto, eu xa me dou por satisfeito".

E tanto é así que xa preparan unhas xornadas de cicloaventura no Pereiro para despois do verán.

"Na cicloaventura sabes de onde saes, a onde queres ir, pero non sabes por onde vas ir, a diferenza do cicloturismo, e aquí dende logo hai moitos sitios polos que perderse".

Tras percorrer Europa de Leste a Oeste e coa súa aventura aínda presente, mira cara adiante e non semella que vaia ser a última.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade