Publicador de contidos
Publicador de contidos

Peregrinan a Santiago para recadar fondos para investigar o sarcoma infantil

Peregrinan a Santiago para recadar fondos para investigar o sarcoma infantil

A comitiva está encabezada por Quique, un rapaz de 14 anos, que leva dous loitando con esa enfermidade

O reto que se propoñen é recadar 100.000 euros

G24.gal 05/08/2024 14:29

Un mozo de Alacant enfermo de cancro peregrinará a Santiago para recadar fondos para investigar o tipo de sarcoma que padece. No camiño estará acompañado da súa familia e amigos.

Son preto de medio cento de persoas que hoxe chegaban a Sarria, desde onde partirán mañá. Quique Nogueroles ten 14 anos e leva dous loitando con esta enfermidade, que xa causara a morte do seu tío hai catorce anos. 

Tras esta perda nace a fundación Iñaki Nogueroles, que agora colabora coa Fundación Cris contra o cancro nun ensaio clínico sobre o sarcoma. O reto é recadar 100.000 euros. 

"Nesas unidades o que se desenvolve son terapias personalizadas e innovadoras mediante ensaios clínicos para nenos e nenas aos que non lles funciona o tratamento convencional. Xa pasaron máis de 900 pacientes", explica Claudia Estrella, da Fundación Cris contra o cancro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade