Peregrinar a Compostela co can, unha opción que gaña adeptos
Peregrinar a Compostela co can, unha opción que gaña adeptos
Antes de facer o Camiño hai que falar co veterinario e buscar lugares onde os admitan para durmir
Peregrinar co can é unha opción que gaña adeptos. Moitos peregrinos deciden reforzar así o vínculo coa súa mascota, aínda que hai recomendacións que se deben ter en conta. Unha é a de falar co veterinario.
"As cousas que tiñamos que ter en conta para vir, sobre todo polas patas, que hai que botarlles produtos especiais, e tamén cando ten que beber, pero aguanta bastante ben. Está adestrado, depende da raza, pero aguanta ben", conta unha peregrina.
A dificultade chega á noite para atopar onde durmir co can.
"A dificultade é aloxar o can. Paso por albergues onde non me admiten o can e se mo admiten teño que alugar cuartos de catro camas só para ela e para min. Non está moi preparado para levar animais", comenta Tomás, un peregrino.
"Non é fácil en Santiago atopar sitios que admitan animais", di Luís Asorey, responsable do cámping As Cancelas.
Segundo se popularizou nos últimos anos facer o Camiño co can, xurdiron iniciativas como a desta protectora. Por só tres euros podemos incluso ter unha credencial específica para os camiñantes de catro patas.