Milleiros de persoas peregrinan coa ilusión de estar en Compostela o 25 de xullo
Milleiros de persoas peregrinan coa ilusión de estar en Compostela o 25 de xullo
Rexistrado un 15 % máis de persoas ca o ano pasado que fan o Camiño por estas datas
O vindeiro xoves, 25 de xullo e día de Galicia, é, por diversos motivos, a data escollida por milleiros de peregrinos para chegar a Compostela.
Vanuato e Kiribán son dous dos máis de 170 países dos que este ano chegaron peregrinos a Santiago. O 60 % dos que recolleron a "Compostela" no primeiro semestre deste ano son estranxeiros.
Galicia é un referente para peregrinos de todo o mundo, e iso vai transformando unha senda que Paloma e Leña coñecen ben, xa que comezaron a peregrinar hai trinta anos e no 2005 abriron un albergue en Sarria que agora, xa xubilados, puxeron en venda.
Entre os españois que atopamos hoxe camiñando, todos teñen un obxectivo común: estar o día do Apóstolo en Santiago.
O Camiño Francés é a ruta máis transitada, seguido do Portugués, e os máis dos peregrinos optan por facer o Camiño a pé.