Pescan un atún xigante de 300 quilos nas augas de Bueu
Pescan un atún xigante de 300 quilos nas augas de Bueu
Un barco que traballaba con aparellos capturou o exemplar por sorpresa
Precisou a axuda dun bateeiro para izalo ao pesqueiro
A presenza dun atún vermello no interior das rías galegas é un feito excepcional, que sucede moi poucas veces, e aínda máis se se trata dun exemplar duns 300 quilos de peso e 2,5 metros.
A tripulación dun pesqueiro que pescaba preto de Bueu capturou accidentalmente este atún vermello.
Quedou atrapado nos aparellos o venres e desde a embarcación tiveron que pedir axuda a un barco bateeiro porque pesaba uns 300 quilos e media dous metros e medio.
A última captura deste tipo da que hai noticia data de 2018 cando un barco de Cangas atopou un preto das Cíes. O sector da pesca de baixura reclama un cambio da normativa para contabilizar este tipo de capturas accidentais dentro dunha cota especial.