Publicador de contidos
Publicador de contidos

Limpan o petróglifo de Bouza Abadín con técnicas manuais

Limpan o petróglifo de Bouza Abadín con técnicas manuais

Tras os traballos de limpeza virá a fase de fotografía dixital

G24.gal 28/10/2021 13:32

A restauración dos petróglifos non se pode facer de calquera xeito. No de Bouza Abadín, en Dodro, estes días están a limpar con técnicas manuais este tesouro de pedra datado na Idade de Bronce.

Esta é unha das singularidades do petróglifo de Bouza Abadín. Esta arte prehistórica corresponde á Idade de Bronce. Leva séculos adormecida nestes penedos, o concello de Dodro acometeu agora o proxecto de pór en valor estes achados. O primeiro paso é a súa limpeza. 

Tras os traballos de limpeza virá a fase de fotografía dixital, para facer un modelado dos gravados, que permitirá visibilizalos mellor. Sobre estas rochas representáronse motivos xeométricos e naturalistas. 

Os petróglifos son as expresións artísticas dos tempos prehistóricos, fálannos de como sentían e como pensaban os nosos antepasados. Cantos máis se descobren e se investigan, máis coñecemos sobre a nosa historia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade