Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan unha presunta estafa nun concesionario de compravenda

Investigan unha presunta estafa nun concesionario de compravenda

Acusan un empregado dun concesionario de Dodro de cobrarlles aos clientes un prezo superior ao fixado 

G24.gal 09/06/2023 20:18 Última actualización 09/06/2023 20:31

A Garda Civil de Padrón iniciou unha investigación tras recibir unha denuncia do propietario dun concesionario de vehículos de ocasión de Dodro. Segundo consta na denuncia, o dono descubriu que un dos comerciais cobraba cantidades indebidas.

"Supostamente un empregado o que facía era incrementar o prezo das vendas dos vehículos e quedaba a diferenza para el", afirma a Garda Civil de Padrón.

Os investigadores cren que hai indicios de que o comercial tamén quedaba con parte do cobrado polos coches vellos entregados polos clientes.

"Pois se no despezamento a este señor lle daban 900 euros, ao cliente realmente chegábanlle 400 ou 500. É dicir, sempre quedaba cunha parte no seu propio beneficio", contan desde a Garda Civil de Padrón.

Desde o concesionario aseguran que están a compensar o cobrado de máis aos clientes que o acrediten. O comercial e presunto estafador xa foi despedido.

"A día de hoxe confirmados e investigados hai como cinco casos, que non quita que nun futuro poidan ser máis porque esta persoa traballou durante un ano", sinala a Garda Civil de Padrón.

O diñeiro estafado podería ascender aos cen mil euros. Un xulgado de Padrón fíxose cargo do caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade