Piden melloras de seguridade viaria no cruzamento de Carballo, en Verea
Piden melloras de seguridade viaria no cruzamento de Carballo, en Verea
O exceso de velocidade dalgúns condutores, os cambios de rasante ou a falta de visibilidade din que xa provocaron accidentes na zona
O cruzamento de Carballo, no municipio de Verea, concentra boa parte das queixas dos veciños. O exceso de velocidade dalgúns condutores, os cambios de rasante ou a falta de visibilidade din que xa provocaron accidentes na zona.
Está prevista para o vindeiro ano a reforma desta estrada, a OU 540 que comunica Ourense con Bande, pero segundo apuntan dende o concello, malia que previsiblemente contará con novos carrís de adiantamento e con nova pavimentación, o proxecto inicial non contempla outras medidas como rotondas, badéns ou pasos elevados que melloren a seguridade neste punto e axuden a reducir a velocidade dos vehículos.
O concello presentou alegacións ao proxecto e agarda que se atendan as súas demandas.