Cargando resultados...
Piden o arranxo dunha ponte en mal estado na estrada comarcal OU-536
Piden o arranxo dunha ponte en mal estado na estrada comarcal OU-536
Din que leva xa máis de seis meses afundíndose e que o seu estado de deterioración só vai a máis
A ponte está situada na OU-536 no concello de Xunqueira de Espadanedo
G24.gal
09/06/2023 14:11
A veciñanza de Xunqueira de Espadanedo quéixase do mal estado do firme desta ponte sobre a estrada comarcal OU 536, xusto antes do acceso cara á vila.
Din que leva xa máis de seis meses afundíndose e que o seu estado de deterioración só vai a máis. Moitos veciños e veciñas pasan por esa ponte a diario e piden o seu arranxo porque din que xa é perigoso circular por ela.