Cargando resultados...
Piden oito anos de prisión para un acusado de corrupción de menores en Lugo
Piden oito anos de prisión para un acusado de corrupción de menores en Lugo
A Policía Nacional atopoulle máis de 1.500 arquivos de pornografía infantil no seu ordenador
G24.gal
29/11/2022 15:58
Última actualización 29/11/2022 16:31
A fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo pide oito anos de prisión para un home acusado dun delito de corrupción de menores.
Segundo o escrito da acusación, o imputado descargara de forma consciente contidos pedófilos, que compartía con distintos usuarios.
Tratábase de numerosas fotografías e vídeos onde se sometía menores de 16 anos a diversas prácticas sexuais. Este material foi intervido pola policía tanto no seu domicilio coma no seu negocio.
Cando a Policía Nacional o detivo hai agora tres anos, atopou máis de 1.500 arquivos de pornografía infantil no seu ordenador.