A Valedora pide que casos como o de Jessica Méndez entren na tipificación de violencia de xénero
A Valedora pide que casos como o de Jessica Méndez entren na tipificación de violencia de xénero
A Valedora do Pobo solicita melloras lexislativas para mellorar a protección das mulleres
O suceso que acabou coa morte de Jéssica Méndez tras ser arremetida polo vehículo do seu presunto acosador e asasino José Eirín non pode ser tipificado como violencia de xénero, pero en caso de ser declarado culpable, Eirín podería ver agravada igualmente a súa responsabilidade por exercer violencia contra unha muller coa que non tiña unha relación.
A Valedora do Pobo pediulle por carta ao Defensor que o Pacto de Estado contra a violencia sobre as mulleres avance e se desenvolva para mellorar a súa protección en casos como o de Jéssica.
Agora mesmo as estatísticas non estarían tendo en conta como casos de violencia de xénero ou contra as mulleres os que non se producen entre parellas ou exparellas.