Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pillan dous ladróns en Viveiro roubando en estado ebrio

Pillan dous ladróns en Viveiro roubando en estado ebrio

Foi nun bar de Covas, en Viveiro, e foi o camareiro doutro negocio o que avisou a policía

A rápida intervención dos axentes fixo que o roubo quedara nun intento

G24.gal 14/05/2024 14:38 Última actualización 14/05/2024 15:12

En Viveiro pillaron dous ladróns na allada e en estado ebrio. Ocorreu nun bar da zona de Covas. O aviso deuno o camareiro do establecemento do lado, que foi testemuña directa da torpeza dos ladróns cando trataban de entrar no establecemento.

Esta torpeza e a rápida intervención da policía fixeron que o roubo quedara nun intento, xa que o dono do bar non botou nada en falta. Todo quedou gravado nas cámaras de seguridade do establecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos