Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica ministerial sobre a prohibición da publicidade dos xeados para nenos

Polémica ministerial sobre a prohibición da publicidade dos xeados para nenos

Os anuncios de xeados poderían desaparecer en horario infantil porque Consumo quere limitar a publicidade de produtos ricos en graxas e azucre

O ministro de Agricultura defende o sector artesán

G24.gal 10/02/2023 14:35 Última actualización 10/02/2023 14:49

Primeiro foi a carne e agora son os xeados os que manteñen enfrontados os ministros de consumo e de agricultura. 

Os anuncios de xeados poderían desaparecer en horario infantil. O Ministerio de Consumo quere limitar a publicidade de produtos ricos en graxas e azucre dirixida a nenos.

Unha decisión na que non todos concordan. O ministro de Agricultura defende o sector artesán. Os propios xeadeiros sinalan as diferenzas dos seus produtos cos ultraprocesados e temen pagar as consecuencias desa prohibición.

Os xeados están no mesmo grupo que as barras enerxéticas na listaxe de produtos aos que se lles restrinxiría a publicidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade