Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica pola instalación de máis radares na Coruña

Polémica pola instalación de máis radares na Coruña

O Concello instala sete caixas en que rotarán dous radares

Están en entradas e saídas da cidade, onde se rexistran excesos de velocidade 

Opinións dispares entre os condutores

G24.gal 06/07/2023 14:21

As caixas xa están preparadas e á vista de todos os condutores. Pero os dous novos radares aínda non están a funcionar, e polo de agora non sabemos a data en que se activarán. Entre os coruñeses, o debate está aberto. 

"Creo que ás veces pasámonos coa velocidade"

"Iso que é, para recadar máis Tráfico?"

"Nun tramo longo a cousa é complicada"

"Para evitar un accidente, ben. Para as multas, mal", din varios condutores.

Os radares ponos o Concello da Coruña. Están vinculados aos investimentos anunciados para a zona de baixas emisións. Pasarán por sete puntos, onde controlarán os dous sentidos da ciculación, como a avenida da Pasaxe, a estrada de Baños de Arteixo, Alfonso Molina ou a terceira rolda. Fontes municipais din que son lugares onde se detectaron excesos de velocidade e mesmo sinistros graves por ese motivo. Os profesionais coñecen ben estes tramos.  

"Puntos de entrada e saída da cidade, vías que conectan dende o extrarradio, porque é onde se acadan as velocidades máis grandes, son vías amplas, un parece que vén da autopista, entra en Alfonso Molina, e esquecemos que estamos entrando nun núcleo urbano", segundo di o presidente da asociación de taxistas Teletaxi.

Máis de 53.000 vehículos foron sancionados por incumprir as normas de tráfico na cidade o ano pasado, sendo o exceso de velocidade a infracción pola que son máis multados os coruñeses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade