Polémica veciñal en Lariño, Carnota, por uns inquilinos que presuntamente non pagaban o alugueiro
Polémica veciñal en Lariño, Carnota, por uns inquilinos que presuntamente non pagaban o alugueiro
Fixeron dúas concentracións diante da casa batendo potas e tocando chifres
Polémica veciñal en Carnota á conta dunha parella que ao parecer aluga vivendas polas que despois non paga. Os veciños de Lariño deixáronlles claro que nesas condicións alí non eran benvidos.
Un matrimonio chegou a Lariño, onde alugou unha vivenda para a totalidade do ano. Ninguén sospeitaba que acababan de botalos dunha casa do Pindo, por non pagar despois dun ano de batalla xudicial.
Pero que menos se imaxinaban os novos veciños era que se atoparían de fronte cos habitantes do lugar. Ao coñecedor os antecedentes, organizaron dúas protestas, batendo co potas, chifres e petardos en fronte da casa alugada para esixir que abandonasen a vila.
Ata Lariño foi unha patrulla da Garda Civil alertados pola chamada dos ocupantes da vivenda e mediaron cos veciños, xa que a concentración non estaba autorizada.
Despois de dúas protestas e de pedir permiso para facer unha manifestación diaria diante da casa os inquilinos, presuntamente morosos, marcharon, segundo afirman os veciños.