Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan 69 cadáveres tras o accidente aéreo con 72 pasaxeiros no Nepal

Atopan 69 cadáveres tras o accidente aéreo con 72 pasaxeiros no Nepal

O aparello no que viaxaban 72 persoas dirixíase a Pokhara, un destino popular entre montañeiros a peregrinos

Entre os pasaxeiros non hai ningún español

As autoridades suspenderon ata o luns a busca no avión de Yeti Airlines sen esperanza de encontrar sobreviventes

O avión era un ATR72 de Yeti Airlines, con 15 anos de antigüidade
G24.gal 15/01/2023 14:09 Última actualización 15/01/2023 21:31

Unha persoa rexistrou co seu teléfono os últimos momentos do voo sinistrado.

O avión da aeroliña YETI AIRLINES tentaba aterrar preto das once da mañá deste domingo, hora local, no aeroporto nepalés de Pokhara, procedente da capital Katmandú. Por causas descoñecidas, o aparello caeu pouco antes de chegar á pista sobre unha zona montañosa. 

Entre os 69 pasaxeiros había unha muller arxentina e ningún español

O voo da aeroliña nepalesa levaba a bordo catro tripulantes e 68 pasaxeiros, entre os que había quince estranxeiros, un dos cales era unha muller arxentina. Ningún dos pasaxeiros era español. 
Ata o momento foron rescatados 690 cadáveres, un deles dun neno pequeno.

O primeiro ministro do Nepal, Pushpa Kamal, convocou unha reunión urxente do Goberno:

  "O accidente foi tráxico. Despregamos todas as forzas na operación de rescate, mentres comezamos a investigación. Xa convoquei unha reunión urxente do Goberno".

Ata o momento non atoparon con vida a ningún dos 72 ocupantes do avión

O avion sinistrado, ao que corresponden as imaxes gravadas nun voo recente, era un bimotor turbohélice ATR72, de fabricación franco-italiana, con quince anos de antigüidade. 
Voceiros militares din que ata o momento non atoparon con vida ningún dos 72 ocupantes do avión.

 As autoridades nepalesas suspenderon ata o luns a busca no avión de Yeti Airlines sen esperanza de atopar sobreviventes. Os equipois de emerxencia recuperaron 69 corpos dos 72 ocupantes do aparello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade