Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren tres traballadores por un desprendemento nunha mina en Súria

Morren tres traballadores por un desprendemento nunha mina en Súria

Dous dos falecidos son estudantes do máster de enxeñería, un deles estaba en prácticas. A outra persoa finada era un xeólogo

Os operarios quedaron atrapados a 900 metros de profundidade

Traballadores e servizos de emerxencia ás portas da mina de Súria (EFE/Siu Wu)
G24.gal 09/03/2023 10:39 Última actualización 09/03/2023 18:10

Polo menos tres traballadores morreron nunha mina de potasa de Súria (Barcelona) por mor dun desprendemento rexistrado esta mañá nesta explotación, a 900 metros de profundidade.

Dous dos falecidos son estudantes de máster da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Manresa, dependente da Universidade Politécnica de Cataluña. Un deles estaba a facer prácticas na empresa ICL Iberia no marco dun convenio de cooperación educativa. A terceira vítima mortal era un xeólogo.

Equipos da empresa Iberpotash que explota a mina e diversos corpos de emerxencia acudidos no lugar están a iniciar os labores de rescate das persoas atrapadas.

Ata o lugar do accidente desprazáronse 8 dotacións terrestres dos bombeiros, entre eles membros do Grupo de Actuacións Especiais (GRAE) e un helicóptero medicalizado, así como efectivos dos Mossos e axentes do Grupo de Subsolo. 

O suceso produciuse ás 8:53 desta mañá debido a un desprendemento ocorrido nunha galería da mina. En declaracións aos medios, a portavoz de Mossos d'Esquadra, Montserrat Escudei, advertiu de que se trata dun accidente "grave", sen confirmar o falecemento dos traballadores, e explicou que a prioridade agora é o rescate das vítimas, cuxas familias están a sufrir "momentos de angustia brutais".

Consultada por EFE, a empresa Iberpotash declinou facer comentarios polo momento en relación con este accidente laboral ata que reúna máis información sobre o ocorrido.

Pola súa banda, fontes sindicais aseguraron a EFE que o accidente causouno un desprendemento de liso -cara plana e extensa de roca-.

Para evitar que iso suceda actúase habitualmente nas minas mediante a técnica da bulonaxe, tamén utilizada nalgunhas estradas para previr desprendementos de roca: adoita consistir en ancoraxes metálicas e unha malla tamén metálica para soportar o teito.

De acordo con as mesmas fontes, estes labores adoitan están subcontratados, o que concitou o rexeitamento histórico dos sindicatos. Non obstante, non era así na mina en que este xoves se produciu o accidente.

Imaxe: Mossos d'Esquadra Imaxe: Mossos d'Esquadra

Na mina de Iberpotash en Súria traballan entre 800 e 900 persoas, de modo que no momento do accidente a quenda debía estar conformada por entre 200 e 300 empregados, engaden estas fontes, que resolven que "as medidas de seguridade non son as que deben ser".

Accidentes anteriores na mesma empresa

En 2023 dous mineiros morreron na mesma mina da empresa Iberpotash en Súria onde este xoves se produciu este accidente mortal. Os operarios faleceron na madrugada do 6 de decembro por outro desprendemento nunha galería, nunha zona de extracción de minerais.  

Os dous traballadores falecidos entón estaban realizando traballos de reparación e mantemento da maquinaria na quenda de noite.

En xuño de 2020 outros dous empregados dunha subcontrata de Iberpotash morreron en senllos accidentes laborais ocorridos noutra mina, a de Vilafruns, despois que unhas pedras de grandes dimensións caesen encima.

Tras o segundo accidente mortal, ocorrido o 25 de xuño, a dirección de Iberpotash parou a produción esta mina e posteriormente pechouna definitivamente.

Iberpotash forma parte de ICL Iberia, filial do grupo ICL, con oficinas centrais en Israel.

Aragonès manifesta o seu apoio e "preocupación"

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, expresou o seu apoio e "preocupación" por este accidente na mina de potasa de Súria. Ao comezo da sesión de control no pleno do Parlament, Aragonès expresou o seu "apoio á familia dos afectados e a todos os seus compañeiros".

"Estamos a traballar desde os servizos de emerxencias dando apoio aos servizos da propia empresa, que tamén están a actuar neste tráxico accidente", sostivo.  

Nas súas respectivas quendas de intervención na sesión de control, tamén mostraron o seu apoio aos afectados polo incidente os presidentes de grupo do PSC, Junts, a CUP, Cs e PP, Salvador Illa, Albert Batet, Xavier Pellicer, Carlos Carrizosa e Alejandro Fernández.   

Tras transcender a gravidade dos feitos, os conselleiros do Interior, Joan Ignasi Elena, e de Empresa e Traballo, Roger Torrent, desprazáronse a Súria para seguir as tarefas de rescate dos mineiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade