Ponte Caldelas inicia a limpeza de leiras desatendidas arredor de aldeas
Ponte Caldelas inicia a limpeza de leiras desatendidas arredor de aldeas
Anceu, Esfarrapada e Barbudo son os tres primeiros núcleos dos 33 que van limpar no concello
O que non limpe pagará o custo de rozar e despois unha multa de máis de mil euros
En Ponte Caldelas o concello vai limpar aquelas leiras que non estean rozadas preto dos núcleos habitados e vai multar os seus donos. Anceu, Esfarrapada e Barbudo son os tres núcleos habitados dos 33 de Pontecaldelas que comezará a limpar a Xunta de oficio.
Vaino facer a través da empresa Seaga. Unha vez que a leira está limpa do dono ten que pagar a factura do traballo e unha multa. A multa vai depender de cada caso, pero nunca será inferior a mil euros.
O mesmo que Ponte Caldelas, estas tres aldeas están consideradas como de alto risco de incendio. A lei non permite a existencia de piñeiro, eucalipto ou acacias preto dos núcleos habitados por ser especies que arden e propagan o lume con facilidade.
Malia que hai boa parte que está limpa, tamén hai leiras que os donos non rozan. En Anceu din que eles non son policías para andar a vixiar e denunciar aos veciños, e que, as veces, a convivencia é difícil.
"Das leiras dos veciños aínda faltan algunhas pero xa limparon bastante. E o que é da comunidade está todo limpo que é o monte da Pedriña que linda co de Toro iso témolo limpo", afirma Roxelio Pérez, vogal da Comunidade de Montes de Anceu.