Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra celebra a festa do santo máis milagreiro

Pontevedra celebra a festa do santo máis milagreiro

Malia a chuvia, unha multitude de devotos acudiu á romaría do San Benitiño de Lérez

A festa, de Interese Turístico Nacional, celébrase tamén con gastronomía e concertos no río

 

G24.gal 11/07/2024 14:46

"Se vas a San Benitiño, non vaias ao de Paredes, hai outro máis milagreiro, o San Benitiño de Lérez", canta unha romeira.

Malia a chuvia, os devotos tomaron nota do canto e non faltaron á súa cita co santo milagreiro. 

"Mellor que chova, así a xente non vaia á praia"

"O devoto vén igual, chova ou non"

"Non imaxinaba tanta xente nin unha festa tan grande", comentan os devotos.

Coa igrexa a rebentar, moitos escoitaron as misas desde o adro e, de paso, foron mercando o aceite co que, segundo a tradición, se curan os males da pel.

"É para as verrugas, hai que botalo nove días cunha gasa e ter un pouco de fe para que pase a espulla", di a mulller que vende o aceite.

Tamén hai os que prefiren o aceite para mollar o pan, o polbo ou o churrasco. Comer nas carpas ou mercar rosquillas son outras tradicións ineludibles desta festa de Interese Turístico Nacional.

"Está toda Pontevedra e comarca, é un día moi bonito de festa, a min emocióname celebralo", engade unha veciña.

Ao longo da xornada, a festa continúa na praia fluvial do Lérez con mexilloada e actuacións musicais coas que celebrar doutro xeito este día festivo en Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade