Cargando resultados...
Pontevedra desactiva a prealerta por seca
Pontevedra desactiva a prealerta por seca
A partir deste luns, Pontevedra e os concellos que toman auga do río Lérez, desactivan a prealerta por seca e anulan deste xeito as restricións no consumo.
A boa nova chega grazas á choiva dos últimos días e a medida será ratificada este luns en xunta de Goberno.
G24.gal
30/10/2022 20:06
Última actualización 30/10/2022 20:11
As restricións afectaban ao lavado de vehículos, ao funcionamento das fontes, ás regas e a enchedura das piscinas, como a olímpica de Pontemuíños, que deste xeito pode retomar a súa actividade.
As chuvias aumentaron considerablemente o caudal do río. Con todo, e como medida preventiva, o Concello manterá en reserva os recursos do Pontillón ata que non se consoliden estes rexistros e insta a veciñanza a seguir facendo un uso responsable.