Cargando resultados...
Pontevedra e Vigo son as cidades galegas co autobús máis caro
Pontevedra e Vigo son as cidades galegas co autobús máis caro
O billete solto custa 1,50€ en Pontevedra e 1,40€ en Vigo
Susana Álvarez
10/11/2022 14:31
O billete normal do autobús urbano, sen ningún tipo de desconto, custa 1 euro e cincuenta céntimos na cidade de Pontevedra e un euro corenta en Vigo. Son os prezos máis caros das cinco cidades galegas analizadas nun estudo da asociación de consumidores Facua.
Uns prezos que se reducen cos distintos bonos. No caso de Vigo a menos da metade. Agora mesmo, empregando a tarxeta, a viaxe quedaría en 62 céntimos e en Pontevedra a 42. Por iso custa atopar usuarios sen tarxeta.
No outro lado da táboa está, por exemplo, Lugo, cun billete simple de 45 céntimos e de 31 aplicando as bonificacións.