Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón reúnese co seu grupo para avanzar os contidos do debate sobre o estado da autonomía

Pontón reúnese co seu grupo para avanzar os contidos do debate sobre o estado da autonomía

Pensa que populares e nacionalistas son "as dúas alternativas en condicións para liderar o futuro de Galicia"

G24.gal 30/09/2023 18:40 Última actualización 30/09/2023 18:52

O debate do estado da autonomía terá lugar entre os vindeiros días 9 e 11 de outubro. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, fala de eixes transformadores en materias como a ciencia, a enerxía, a dixitalización, o feminismo ou un novo modelo fiscal para renovar as Administracións. Fronte a estas medidas, di Pontón, os populares ofrecen medidas de última hora e un proxecto acabado. 

Cre que populares e nacionalistas son "as dúas alternativas en condicións de poder liderar o futuro de Galicia". Ana Pontón afirmou que o debate do estado da autonomía permitirá confrontar dous modelos: "o do PP, que representa o pasado, e o do BNG, que representa o futuro".  

"Estas son as dúas alternativas en condicións de poder liderar o futuro de Galicia", afirmou antes de engadir que no debate veranse "cales son as propostas e alternativas que cada un defende".  

Avanzou que a formación nacionalista presentará medidas urxentes fronte á crise e proxectos transformadores "para pór en marcha un proxecto que sexa o dunha nova Galicia, viva, forte, dinámica, científica e feminista".  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade