Por primeira vez en 13 anos, a Madrugá sevillana foi suspendida pola chuvia
Por primeira vez en 13 anos, a Madrugá sevillana foi suspendida pola chuvia
Para mitigar en parte a decepción, os templos manteñen abertas as portas varias horas para que a xente congregada poida ver as imaxes que non puideron seguir nas rúas
A chuvia deixou a Sevilla sen a tradicional Madrugá de Venres Santo. Por vez primeira en trece anos, as seis Irmandades decidiron non saír en procesión por prudencia.
Había trece anos que a chuvia non impedía saír á rúa ás seis irmandades da Madrugada sevillana.
Non chovía cando a primeira delas, a Esperanza de Triana, anunciaba a suspensión da procesión.
Unha a unha, as outras cinco irmandades, a Esperanza Macarena, o Silencio, o Gran Poder, os Xitanos e o Calvario anunciaban tamén que non farían o seu tradicional percorrido polas rúas de Sevilla.
“Os prognósticos que nos dan non poden ser máis desastrosos para as nosas boas intencións. As cargas de auga son moi altas, entre as 12 e as 3 da mañá ascende a un 90 por cento. A partir desa hora están nun cen por cento”.
A decepción nos centos de persoas que agardaban no exterior dos templos sevillanos foi inmensa e moitos non puideron contar as bágoas. Para mitigar en parte esa decepción, os templos mantiveron abertas as portas varias horas para que a xente congregada puidese ver as imaxes que non puideron seguir nas rúas.
Durante este Venres Santo volven abrir para que sevillanos e visitantes poidan entrar a ver as imaxes.