Cargando resultados...
Poucas vendas de roupa de inverno polas altas temperaturas deste outono
Poucas vendas de roupa de inverno polas altas temperaturas deste outono
G24.gal
14/10/2023 14:52
Última actualización 14/10/2023 18:41
É difícil vender calzado de inverno cando, a mediados de outubro, aínda estamos en chinelas. Confirman dende o sector que este outono atípico, con máximas de ata 36 graos, lles prexudica porque aínda non comezaron vender pezas de roupa nin calzado de abrigo.
Algúns negocios xa están optando por ter artigos de continuidade todo o ano con tecidos de entretempo.
Coa baixada das temperaturas e a chegada das choivas agardan un incremento das vendas. De feito, nótase máis movemento, animado tamén, aseguran, polo bono comercio.